O Casino de Noia foi o escenario onde se desenvolveu unha nova etapa da iniciativa Camiño de Futuro, posta en marcha pola Xunta. Con elas a Administración autonómica difunde entre pequenas e medianas empresas os instrumentos de apoio dirixidos a mellorar a súa competitividade. A iniciativa desenvolverase entre abril e maio por toda Galicia.
