O Goberno local de Noia anunciou unha serie de actuacións que se están a desenvolver en dous puntos da localidade. Unha delas é a pavimentación da estrada que une O Couto coa ponte de San Francisco. É unha actuación que conta cun investimento de 200.000 euros e coa que se busca eliminar un punto de concentración de accidentes.
