O Concello de Noia volverá a albergar o entroido logo dun ano de paro obrigado pola pandemia. Serán unhas celebracións atípicas para o que viña sendo habitual. Os festexos comezarán o venres 25 coa amenización da charanga Vila de Noia a partir das 20.00 horas. O sábado será a quenda do tradicional concursos infantil de disfraces.
