O Concello de Outes aprobou por unanimidade a proposta para o Plan de Obras e Servizos 2022 da Deputación da Coruña. O documento presentado polo Goberno local recollía a realización de 19 actuacións, que se desenvolverán en todas as parroquias, e contemplen a mellora de accesos, o mantemento de infraestruturas e humanizacións.
