28 noviembre, 2026

OS CASOS DE CORONAVIRUS BAIXAN DE FORMA XENERALIZADA NA COMARCA.

A sexta onda segue en fase descendente no Barbanza, onde todos os municipios contan cunha caída dos casos. Ribeira rexistra 27 contaxios menos que onte e baixan ata os 815 a dúas semanas, mentres que a sete días ten 302, 15 menos. En Boiro hai 409 positivos a catorce días, 12 menos que no día anterior e a unha semana hai 173, unha caída de 10 positivos. Noia contabiliza 309 contaxios a dúas semanas, 12 menos que onte, e 135 a sete días, un descenso de catro. Porto do Son ten 249 casos a dúas semanas, un menos que onte, e 110 a sete días, cinco menos.

Related posts

MANUEL RUIZ DEFENDEU NO ÚLTIMO DÍA DE CAMPAÑA A OPCIÓN DO PP PARA TER O MELLOR GOBERNO DO ESTADO

CloudyX

OS PEIXES E MARISCOS PODEN MERCARSE AÍNDA A PREZOS ASEQUIBLES NAS PRAZAS DE ABASTOS

CloudyX

A FALTA DE RELEVO XERACIONAL NAS EXPLOTACIÓNS INCREMENTARÁ O PREZO DO CORDEIRO PARA ESTE NADAL

CloudyX