A confraría da Pobra segue a pasar por unha situación complicada a nivel económico, pero os mariscadores manteñen o traballo para poder xerar algún ingreso propio e tamén para a entidade. Para iso están a vender o produto apañado nas xornadas laborais na lonxa pobrense.

