O menú de Nadal soe ter tamén a súa opción de carne. As carnicerías estanse a preparar para atender a demanda de produto, que se irá incrementando nas vindeiras semanas. Unha das opcións máis mercadas polos consumidores é o cordeiro que este ano terá un prezo máis elevado.

