A sexta onda deixa un descenso dos contaxios case xeneralizado no Barbanza. Boiro ten 480 positivos a dúas semanas, 21 menos que onte, e 237 a sete días, unha caída de tres. Noia conta con 401 casos a catorce días, 14 menos que no día anterior, e 174 a unha semana, oito menos. En Muros hai 235 positivos a dúas semanas, nove menos, e 114 a sete días, un descenso de dous. Lousame rexistra 63 contaxios a dúas semanas, catro menos que onte, e 33 a sete días, dous menos.
