A sexta onda deixa un novo incremento dos contaxios no Barbanza. Ribeira suma unha xornada máis con aumentos nos positivos xa que hoxe conta con 1.000 a dúas semanas, 33 máis que onte e unha cifra récord. A sete días ten 558, 36 máis que no día anterior. Porto do Son tamén rexistra un aumento dos casos nos dous rexistros. A catorce días contabiliza 240 positivos, 25 máis que onte, e 117 a unha semana, 24 máis. Outes suma 17 casos máis a dúas semanas e ten 198, e a sete días suma tres máis para un total de 98.
Boiro contabiliza un descenso a dúas semanas xa que acumula 514 casos, dous menos que onte. Sen embargo a sete días a cifra aumenta en dous ata os 232. Na Pobra hai 278 positivos a catorce días, cinco menos que onte, e 147 a unha semana, sete máis. Rianxo conta con 275 contaxios a dúas semanas, dous menos que na xornada anterior, pero a sete días os datos aumentan en cinco ata os 145. Muros rexistra un lixeiro aumento de casos a dúas semanas: suma tres novos para un total de 260. sen embargo a sete días descenden en sete ata os 114.
