Barbanza

DOUS TERREMOTOS DE 3,7 E 4,6 NA ESCALA DE RICHTER, E DÚAS RÉPLICAS, SACUDIRON ESTA TARDE AO BARBANZA

Eran case as 15.00 horas cando a terra comezou a tremer na comarca do Barbanza. Ás 14.57 rexistrouse un sismo fronte á costa barbanzana que alcanzou os 3,7 puntos na escala de Richter. Pero non foi o único que sacudiu a terra, xa que menos dunha hora despois, ás 15.44 produciuse outro temor que chegou aos 4,6, segundo recolle o Instituto Xeográfico Nacional. Ambos tiveron o seu epicentro no océano Atlántico, a máis de 40 quilómetros da costa. Non foron os únicos movementos, xa que tras este segundo tremor déronse dúas réplicas: unha de 1,9 de magnitude, máis próxima á costa que se produciu ás 15.55 e outra de 2,5 que se deu ás 15.58.
Os terremotos notáronse en terra, sobre todo o segundo, en tódolos concellos do Barbanza, pero tamén noutros puntos de Galicia, na zona de Carballo, Cee e ata en Teo. Segundo recolle o Instituto Xeográfico Nacional toda a franxa atlántica está incluída, dende A Guarda ata Ferrol.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.