Barbanza

OS CONTAXIOS DIMINÚEN NA COMARCA AGÁS EN OUTES, MUROS E PORTO DO SON, QUE REXISTRAN UN LIXEIRO AUMENTO

A sexta onda deixa unha nova xornada de descensos case xeneralizados dos contaxios no Barbanza. Ribeira baixa dos 900 positivos: ten 894 a dúas semanas, 22 menos que onte, mentres que a unha semana ten 430, dous menos. Boiro rexistra unha caída de 52 casos a dúas semanas, xa que contabiliza 615. A sete días conta con 279, tres menos que onte. En Noia hai 524 contaxios a catorce días, dous menos que onte, e 243 a unha semana, un menos. En Rianxo descenden os positivos ata os 313 a catorce días, dez menos que no día anterior, e ata os 126 a unha semana, cinco menos. A Pobra ten sete casos menos a dúas semanas e conta con 286 e a sete días a cifra baixa en 11 para un total de 129. Lousame rexistra 107 contaxios a catorce días, nove menos que onte, e 42 a unha semana, dous menos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.