Rematado o primeiro período da campaña marisqueira da ría de Muros-Noia, onde reinou o berberecho, ademais da ameixa fina e a xapónica, facturáronse preto de 14 millóns de euros, unha cifra moi ben valorada desde a confraría noiesa. O patrón maior agarda sumar dous millóns de euros máis no segundo período da campaña.