Hoxe tivo lugar o acto de recibimento do Concello de Noia á Presidenta da Corporación Nacional de Mulleres na Pesca Artesanal de Chile e a Néstor Lloyd, o consultor que xestiona a candidatura en Chile do proxecto posto en marcha por recoñecer o marisqueo a pe como Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO. Este proxecto porá en valor o traballo da muller na ría de Muros-Noia e en Chile. Ao longo desta mañá, a expedición chilena tivo unha doble cita na Ría de Noia, primeiro coas mariscadoras a pe e despois cunha visita en barco aos bancos marisqueiros. O alcalde de Noia recoñeceu que son moitas as diferenzas que atoparon sobre todo en materia social con respecto a Chile.
