O CONCELLO DE OUTES, A TRAVÉS DO PLAN DE OBRA SERVIZO SOCIAL DA DEPUTACIÓN, OFERTA DÚAS LIÑAS DE AXUDAS. UNHA PARA ADQUIRIR MATERIAL INFORMÁTICO E OUTRA PARA MELLORAR A AUTONOMÍA DAS PERSOAS CON DEPENDENCIA
O Goberno local de Outes anunciou a convocatoria de novas axudas para a veciñanza. A primeira vai dirixida ao alumnado matriculado dende educación infantil ata a universidade, e trátase da subvención á adquisición de todo tipo de material informático.
