Noia

A XUNTA PRESENTA NO IES CAMPO DE SAN ALBERTO DE NOIA A NOVA CAMPAÑA PARA ACHEGAR Á MOCIDADE AS CLAVES DA FACTURA ELÉCTRICA E O CONSUMO RESPONSABLE

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira, e a xerente do Instituto Galego do Consumo, Sol Vázquez, participaron esta mañá no IES Campo de San Alberto de Noia na presentación da nova campaña sobre a factura da luz dirixida ao alumnado de 4 da ESO e de FP Básica. Os obxectivos desta iniciativa son formar a consumidores responsables e ofrecer ao alumnado un achegamento aos conceptos básicos. Algúns dos aspectos tratados foron os contratos, o tipo de mercado, as facturas ou a potencia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.