19 noviembre, 2026

OS GARDACOSTAS DE GALICIA REQUISAN PRETO DE 670 QUILOS DE DISTINTAS ESPECIES DE PEIXE E MARISCO, ARREDOR DE 550 ÚTILES DE PESCA E 1.500 METROS DE ARTES DE ENMALLE

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia desenvolveron diferentes controis realizados nos últimos días no litoral galego e incautáronse de preto de 670 quilos de distintas especies de marisco e peixe, máis de 1.500 metros de redes e 550 útiles. Boa parte deses resultados foron froito das inspeccións realizadas nas xornadas previas ao inicio da campaña de extracción da centola. Unha das actuacións máis importantes realizada polos mergulladores dos Gardacostas produciuse nos portos de Tragove, en Cambados, e do Grove. Alí os axentes requisaron 132 quilos de voandeira, 120 de mexillón, máis de 44 de nécora, nove quilos de ostra ou catro de centola. Tamén se desenvolveron outros operativos de menor calado nos portos de Rianxo e Porto do Son.

Related posts

NOIA DÁ UN PASO MÁIS PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE

CloudyX

A GALA DE ENTREGA DE PREMIOS PUXO O PUNTO E FINAL A UNHA NOVA EDICIÓN DA MOSTRA DE CURTAS DE NOIA

CloudyX

NOIA EXALTARÁ O SEU BERBERECHO DO 26 AO 29 DEE NOVEMBRO

CloudyX