A praia dos Areos volveu a ser o escenario onde se desenvolveu unha nova xornada de turismo mariñeiro. Arredor de 35 estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo, entre os que se atopaban os alumnos procedentes de Irlanda e Croacia ao abeiro do programa Erasmus + participaron na xornada. Foron recibidos por unha das técnicas de Turismo do Concello, quen lles explicou a actividade e fíxolles entrega dun receitario con diferentes elaboracións con bivalvos que se realizan nos establecementos hostaleiros do municipio.