A praia dos Areos volveu a ser o escenario onde se desenvolveu unha nova xornada de turismo mariñeiro. Arredor de 35 estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo, entre os que se atopaban os alumnos procedentes de Irlanda e Croacia ao abeiro do programa Erasmus + participaron na xornada. Foron recibidos por unha das técnicas de Turismo do Concello, quen lles explicou a actividade e fíxolles entrega dun receitario con diferentes elaboracións con bivalvos que se realizan nos establecementos hostaleiros do municipio.
AS XORNADAS DE TURISMO MARIÑEIRO DA POBRA CONTARON HOXE COA PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DO IES FÉLIX MURIEL E DOS ESTUDANTES DE CROACIA E IRLANDA QUE PARTICIPAN NO ERASMUS +

