A Casa da Cultura de Noia acolleu a presentación do libro “Pasou o que pasou” (Doce estampas dos oitenta) de Lito García Lago. O autor define o seu traballo como moi extenso, xa que nel condensa a atmosfera política dos anos 80. Para poder escribilo realizou numerosas entrevistas a políticos e un dos que máis lle sorprendeu foi Paco Vázquez.