Noia

CONTA ATRÁS PARA A GALA DA MOSTRA DE CURTAS DE NOIA. ESTA SEMANA PODERANSE VER VARIOS DOCUMENTAIS E PROXECTARANSE AS ÚLTIMAS CURTAS SELECCIONADAS

Tras unha fin de semana cargada de actividades enmarcadas na vixésimo segunda edición da Mostra de Curtas de Noia, o día de hoxe contou con varias iniciativas. A Sociedade Liceo de Noia acolleu esta mañá unha charla entre os directores e guionistas Josevi García e Ricki Cordoba.

O día finalizará coa Sección Oficial diaria que inclúe a proxección de nove curtas das 60 seleccionadas. Os últimos visualizaranse mañá ás 20.30 horas, dándose por finalizado o traballo de coidado aos máis de 1.000 traballos enviados.

O mércores o público poderá ver ás 20.30 o documental “Frágil equilibrio” de Guillermo García que no 2017 recibiu o Goya a mellor Largo Documental. O xoves será a quenda de “Cuñados”, dirixida por Toño López e rodada en galego. Por último, o venres proxectarase “Negro Púrpura”, un documental de Sabela Iglesias e Adriana Villanueva que retrata a Galicia do século XX.

O sábado pecharase a Mostra de Curtas cunha charla coloquio sobre a produción e difusión audiovisual nas redes sociais e coa gran gala de premios que se desenvolverá no Teatro Coliseo Noela.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.