19.1 C
Chicago
14 septiembre, 2026

A CARREIRA EL CANARIO FOI TODO UN ÉXITO. NUMEROSAS PERSOAS ACUDIRON Á PROBA CO FIN DE PROMOVER O DEPORTE

A actividade deportiva viuse danada e minorizada coa irrupción da pandemia. Dende o Club El Canario quixeron poñer en marcha unha carreira co fin de promover o deporte e a actividade física. A iniciativa foi todo un éxito. Numerosas persoas déronse cita en Ribeira para recorrer os cinco quilómetros de percorrido que tiña a proba, en diferentes categorías. Os gañadores da categoría absoluta recibiron premios en metálico de 100, 50 e 25 euros para cada un dos tres primeiros clasificados respectivamente. O gran éxito que tivo a carreira fai que próximamente desde o Club El Canario, que este ano deuse de alta como club de atletismo, se volvan a poñer en marcha este tipo de actividades coas que se fomenta a actividade deportiva. O Club agardeceu aos corpos de seguridade e protección civil para poder garantir a seguridade e que se respetara o protocolo anticovid durante toda a proba.

Related posts

MAÑÁ ARRANCA A QUINTA AVENTURA DO PORTUS APOSTOLI NA MÁXIMA DIVISIÓN NACIONAL

CloudyX

O BOIRO AFRONTA A SEGUNDA XORNADA DA TERCEIRA RFEF VISITANDO AO CÉLTIGA

CloudyX

O TRAIL DOS INDICIOS CUMPRE 10 EDICIÓNS EN FASE DE CRECEMENTO

CloudyX