O sábado inaugurarase o primeiro torneo de fútbol 8 organizado polo Concello de Ribeira, a Fundación Celta de Vigo e o Club de Fútbol Cidade de Ribeira. A competición desenvolverase ao longo da fin de semana na Fieiteira: o sábado será a quenda da categoría benxamín e o domingo da alevín. Participan oito equipos e polas mañás desenvolverase a fase de grupos e ás tardes as fases finais.
