23 septiembre, 2026

O VILABLUES FEST DE NOIA TERÁ LUGAR DO 1 AO 3 DE OUTUBRO. O EVENTO ESTRÉASE COA MARCA FEST GALICIA DA XUNTA NUNHA EDICIÓN CON ESTRELAS INTERNACIONAIS

O Vilablues Fest presentou no día de hoxe o cartel da súa quinta edición, que terá lugar no fin de semana do 1 ao 3 de outubro coa que se estrea como festival patrocinado por FEST Galicia. O evento recupera este ano a súa dimensión máis internacional con estrelas do xénero como o jamaicano Roy Ellis ou os estadounidense Tail Dragger e Shanna Waterstown. Tamén actuarán en Noia a británica Shirley Davis ou o africano JP Bimeni con The Black Belts. Haberá, ademais, unha destacada representación musical galega, entre as que sobresaen o concerto Sempre Narf, en homenaxe ao músico compostelán, e as actuacións de Adrián Costa, Espiño, Mallou, Blues do País ou Jay Doe & The Blue Preachers.

Related posts

O PATRÓN MAIOR DE NOIA ESPERA O AVANCE NO PROTOCOLO DE BALEIRADO DO TAMBRE PARA EVITAR A MORTALDADE DO MARISCO

CloudyX

VEGALSA-EROSKI CELEBRA EN NOIA DEZ ANOS DO SEU LEITE DE MARCA PROPIA APOSTANDO POLA GANDARÍA LOCAL

CloudyX

A CONFRARÍA DE NOIA ARRANCARÁ EN OUTUBRO UNHA NOVA CAMPAÑA MARISQUEIRA QUE NON SERÁ ABUNDANTE

CloudyX