O Concello de Outes, en colaboración co de Noia e Lousame, realizan un obradoiro de emprego dual na materia forestal que agrupa a un total de 20 persoas que reciben formación e parte práctica remunerada. As actividades centráronse na repoboación forestal e tratamentos silvícolas en diferentes puntos dos tres concellos. Esta iniciativa supón unha importante ferramenta para formar e dar posibilidade de acceder a un emprego ás persoas participantes.