A nova campaña marisqueira de Noia, que terá como arranque o 20 de setembro, espera máis berberecho e menos xapónica ca o ano pasado logo das mostraxes realizadas. Aínda que se agarda que poida ser unha boa campaña, o patrón maior de Noia indicou que todo depende das riadas e das toxinas que se atopen neste período.
