O Museo do Mar de Noia está nos últimos pasos da súa posta en marcha total. Dende o Concello de Noia esperan que a licitación do equipamento e a súa posterior instalación estea lista para finais de ano e principios do seguinte. Ademais, tamén se puxo en marcha unha bolsa de emprego para dotar ao edificio do moller persoal posible que leve a cabo as actividades correspondentes. O investimento total do equipamento supón 200 mil euros.