A situación da covid segue dando unha de cal e outra de area. Aínda que a situación se mantén estable, xa son varios os días nos que diferentes concellos están sufrindo un ascenso de casos. Muros segue rexistrando malas cifras, e pasou dos 22 aos 26 casos a 14 días e dos 17 aos 24 a 7 días. A celebración dunha festa de cumpleanos pode ser o causante deste repunte. Pola súa parte, o concello de Noia pasará ao nivel medio logo de rexitrar ascensos nos últimos días. Hoxe subeu en dous, ata os 35 a 14 días e a unha semana subeu un, ata os 17. O alcalde de Noia explicou que a semana seguinte se subirá ao nivel medio, mais esperan que nun período de tempo breve se poida volver ao nivel medio baixo.