A situación da covid segue dando unha de cal e outra de area. Aínda que a situación se mantén estable, xa son varios os días nos que diferentes concellos están sufrindo un ascenso de casos. Muros segue rexistrando malas cifras, e pasou dos 22 aos 26 casos a 14 días e dos 17 aos 24 a 7 días. A celebración dunha festa de cumpleanos pode ser o causante deste repunte. Pola súa parte, o concello de Noia pasará ao nivel medio logo de rexitrar ascensos nos últimos días. Hoxe subeu en dous, ata os 35 a 14 días e a unha semana subeu un, ata os 17. O alcalde de Noia explicou que a semana seguinte se subirá ao nivel medio, mais esperan que nun período de tempo breve se poida volver ao nivel medio baixo.
Os casos baixan na comarca agás nalgúns concellos. En Galicia os casos activos baixan dos 8.000

