O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu hoxe a primeira reunión deste curso académico do Comité Educativo, o órgano creado o pasado ano para asesorar ao Goberno galego sobre os principais asuntos en materia de ensino no marco da pandemia. A xuntanza forma parte da rolda de contactos que se vai realizar cos axentes implicados no sistema educativo. O conselleiro anunciou que os 1250 docentes de reforzo que vai contratar a Xunta de Galicia a través do Plan Recupera se van incorporar aos centros escolares xa no mes de setembro.