O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu hoxe a primeira reunión deste curso académico do Comité Educativo, o órgano creado o pasado ano para asesorar ao Goberno galego sobre os principais asuntos en materia de ensino no marco da pandemia. A xuntanza forma parte da rolda de contactos que se vai realizar cos axentes implicados no sistema educativo. O conselleiro anunciou que os 1250 docentes de reforzo que vai contratar a Xunta de Galicia a través do Plan Recupera se van incorporar aos centros escolares xa no mes de setembro.
OS 1250 DOCENTES DE REFORZO DO PLAN RECUPERA INCORPORARANSE AOS CENTROS ESCOLARES NO MES DE SETEMBRO

