O Concello de Noia realizou en abril do pasado ano unha subasta solidaria online de obras de artistas locais para recadar cartos que se destinarían a asociacións como Cáritas e Cruz Vermella. Dende o outro lado do Atlántico, Pitusa Sabín e Jacinto Hernández quixeron poñer o seu gran de area para colaborar e hoxe o Concello de Noia agradeceulles a súa achega.
