A rúa da Capela, na Serra de Outes, acollerá o vindeiro sábado 21 a segunda edición da Feiriña, un evento organizado polo Concello de Outes en colaboración co comercio local. O espazo encherase de postos ao aire libre nos que os comercios do concello que o desexen poderán expor e vender os seus produtos.
Este ano a Feiriña acollerá a establecementos do municipio de diversos ámbitos que ofrecerán os seus produtos aos veciños.
Nesta edición tamén se ofrecerán actuacións diversas co fin de atraer aos cidadáns e facer así máis atractiva e agradable a xornada do sábado.
O alcalde de Outes quixo aproveitar para destacar a importancia deste evento tanto para os veciños como para a Serra de Outes, situándose como un punto de encontro para moitas persoas de fora.
