Icono del sitio CanalBarbanza.com

Chega a segunda edición de “A Feiriña” o vindeiro sábado a Outes. O evento servirán como escaparate para o comercio local e contará con actuacións de música e teatro

A rúa da Capela, na Serra de Outes, acollerá o vindeiro sábado 21 a segunda edición da Feiriña, un evento organizado polo Concello de Outes en colaboración co comercio local. O espazo encherase de postos ao aire libre nos que os comercios do concello que o desexen poderán expor e vender os seus produtos.

Este ano a Feiriña acollerá a establecementos do municipio de diversos ámbitos que ofrecerán os seus produtos aos veciños.

Nesta edición tamén se ofrecerán actuacións diversas co fin de atraer aos cidadáns e facer así máis atractiva e agradable a xornada do sábado.

O alcalde de Outes quixo aproveitar para destacar a importancia deste evento tanto para os veciños como para a Serra de Outes, situándose como un punto de encontro para moitas persoas de fora.

Salir de la versión móvil