26.9 C
Chicago
21 agosto, 2026

O Concello de Outes mellorará o saneamento municipal e a depuradora

O Concello de Outes segue a traballar na mellora das instalacións do municipio. O saneamento da localidade centrará as próximas actuacións do concello, xa que tal e como afirma o alcalde, Manuel González, funciona de xeito deficiente.

Para mellorar a rede de saneamento González ten varios frontes abertos. Un deles está centrado na depuradora de Outes que non está a prestar os servizos de forma adecuada.

O outro punto que centrarán as melloras é a ampliación da rede de saneamento en varias parroquias de Outes e levalo a outras nas que non chega. Para realizar estas obras investirase 200.000 euros

González sinalou que aínda queda moito por facer, pero que están dando pasos concretos para poder realizar as actuacións precisas.

Related posts

MÁIS DE 60.000 EUROS PARA MELLORAR DOUS EQUIPAMENTOS SOCIAIS DE OUTES

CloudyX

A XUNTA REIVINDICA OS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO PARA CREAR OPORTUNIDADES LABORAIS

CloudyX

A CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL COÑECEU EN OUTES O AVANCE DAS OBRAS DA NOVA RESIDENCIA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CloudyX