O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, presentou A primeira xornada de Innovación Social da Fundación Amicos, unha entidade dedicada a traballar pola inclusión e a igualdade das persoas con discapacidade. Presentéronse varios proxectos que contribúen a impulsar o emprego e a formación das persoas con discapacidade, a competitividade e a innovación social das entidades e empresas de economía social neste eido. A Xunta de Galicia duplicou nos últimos anos o orzamento destinado á discapacidade ata chegar aos 126 millóns de euros, creando ano a ano novas prazas e servizos.