15 noviembre, 2026

A ANPA Río Tines pausarán as súas reivindicacións polo recorte no persoal docente

A ANPA Río Tines ven de anunciar a súa pausa nas accións reivindicativas que estaban a levar a cabo ante o anuncio que fixera a Consellería de Educación no que os recortes afectarían á ensinanza. A asociación de nais e pais do CEIP de Outes informaron de que a Xefatura Territorial trasladoulles a súa resolución. No seu caso o grupo de infantil perde un docente de apoio. No resto de áreas manteñen o número que tiveron este ano, aínda que están pendentes todavía do número de coidadoras.

Os membros da ANPA consideran que as súas reclamacións foron escoitadas e aínda que están pendentes do número de coidadoras asumiron a decisión de pausar as accións reivindicativas. Sen embargo consideran que asignar 40 coidadoras para toda a provincia é insuficiente e chaman a traballar para mellorar esta situación.

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX