As obras de mellora das rúas de Noia non se deteñen. O alcalde da localidade, Santiago Freire, sinalou que ademais da mellora nos malecóns e na ponte do Campo de Rodas hai máis puntos da vila nos que se está a traballar. Un deles é a rúa Besteiro onde se farán varias actuacións. Unha delas é máis visual e pódese apreciar na fachada do IES Virxe do Mar xa que se trata dun mural realizado por varios artistas de Vella Escola.