O municipio de Ribeira acolle por quinta ocasión ao seminario formativo da Universidade de Santiago “Camiños de coñecemento e experiencia”. 12 veciñas da localidade participan nestas xornadas de estudo universitario, que están promovidas pola USC en colaboración co Concello, que perseguen a posta en valor e democratización do coñecemento a través da participación das persoas maiores, unhas das finalidades fundamentais do IV Ciclo da USC nun chamamento á formación continua tamén fóra das cidades universitarias.
