O Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil da Compañía de Noia en colaboración coa Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro investigou a unha muller, como presunta autora dun
delito de estafa. Os feitos sucederon por mor da denuncia interposta polo prexudicado, nas dependencias oficiais da Garda Civil en Padrón. Na mesma comunicaba que autor ou autores descoñecidos realizaran na súa tarxeta bancaria unha serie de cargos non autorizados por un
importe total de 5.600 euros, descoñecendo a súa procedencia dado que el non realizaba compras por internet.
