“Contamos todas” é unha programación cultural coa que a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero quere contribuír á sensibilizar contra a violencia de xénero entre mozos e mozas. A compañía Tropa de Trapo bota man de técnicas do teatro social para concienciar á mocidade contra o sexismo.
“Trátase dun programa que buscará concienciar a mozos e mozas contra a violencia de xénero para contribuír a unha sociedade máis igualitaria. Consideramos que esta é unha idade especialmente acaída para intervir e a proposta de teatro participativo unha fórmula que ten moi bos resultados á hora de concienciar á mocidade”, destaca a deputada Ánxela Franco, responsábel da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero.
Datas de execución:
1 de marzo – IES LAMAS DE CASTELO – CARNOTA
14 de marzo – IES PLURILINGUE FONTERERÍS – MUROS
8 de abril – IES FELIX MURIAL – RIANXO
