18.2 C
Chicago
1 octubre, 2026

O teatro para concienciar contra a violencia de xénero chegará a CARNOTA, MUROS E RIANXO

“Contamos todas” é unha programación cultural coa que a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero quere contribuír á sensibilizar contra a violencia de xénero entre mozos e mozas. A compañía Tropa de Trapo bota man de técnicas do teatro social para concienciar á mocidade contra o sexismo.

“Trátase dun programa que buscará concienciar a mozos e mozas contra a violencia de xénero para contribuír a unha sociedade máis igualitaria. Consideramos que esta é unha idade especialmente acaída para intervir e a proposta de teatro participativo unha fórmula que ten moi bos resultados á hora de concienciar á mocidade”, destaca a deputada Ánxela Franco, responsábel da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero.

Datas de execución:

1 de marzo – IES LAMAS DE CASTELO – CARNOTA
14 de marzo – IES PLURILINGUE FONTERERÍS – MUROS
8 de abril – IES FELIX MURIAL – RIANXO

Related posts

O MARISQUEO EN RIANXO NON ESTÁ A TER ACTIVIDADE

CloudyX

O BNG DENUNCIA NO PARLAMENTO A SITUACIÓN CRÍTICA DA SANIDADE PÚBLICA NO BARBANZA

CloudyX

O INCREMENTO DO PREZO DO COMBUSTIBLE PON EN XAQUE AO SECTOR PESQUEIRO

CloudyX