A representante do BNG ante a Xunta Reitora da Mancomunidade Serra do Barbanza, María Lago, e a deputada do BNG no parlamento galego, Rosana Pérez deron conta este martes da situación que se produce na mancomunidade Serra do Barbanza, que dende as últimas eleccións non convocou unha asamblea xeral, un feito que consideran irrespetuoso e antidemocrático.
