O grupo de goberno de Outes vén de anunciar a presentación no vindeiro pleno dunha batería de proxectos e investimentos a cargo dos remanentes de tesourería do concello. Segundo comentou o alcalde, Manolo González, «a decisión do goberno do Estado de suspender as regras de gasto e de estabilidade orzamentaria permítelles por fin usar parte dos máis de 4 millóns de euros que acumulamos, en proxectos que son vitais para o concello».
