Ribeira

A antiga escola unitaria de Corrubedo verá mellorada a súa envolvente térmica e o seu acceso. O concello de Ribeira informou desta segunda fase de remodelación, cuxo orzamento ascende a preto de 150 mil euros

O Concello de Ribeira informou da licitación dunha nova actuación consistente na mellora da envolvente térmica da antiga escola unitaria de Corrubedo e o seu acceso:

unha intervención arquitectónica cuxo orzamento ascende a 149.907 euros, IVE incluído, que supón a segunda fase para a remodelación deste inmoble que hoxe opera como centro social, logo das obras de ampliación efectuadas na súa parte traseira.

O prazo de execución son seis meses. O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación da Coruña.

As empresas interesadas dispoñen ata o 9 de xuño para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.