16 noviembre, 2026
Image default

O CONCELLO DE OUTES ADXUDICA OBRAS EN DIVERSAS PARROQUIAS POR MÁIS DE 330.000 €

O concello e Outes vén completar o proceso de licitación e adxudicación das obras do POS+2019 nas que se investirán máis de 330.000 €. As obras aprobadas refírense a melloras en camiños veciñais ao longo das distintas parroquias do concello e son as seguintes: «Camiño de Vilardigo e outros» en Cando, «Pavimentación do acceso a Oroña e outros» en San Ourente, «Pavimentación do acceso a Lourido e outros» en San Lourenzo, «Pavimentación do acceso a Villariño e outros» en Sabardes, «Camiño dende a Gasolineira á Barreira e outros» en Entíns-Tarás, «Camiño de Broña a Tavilo e outros» en Outeiro e Pavimentación en Cambeiro de arriba e outros» en Outes. O alcalde Manolo González indicou que agarda que as obras comecen o antes posible, e que sirvan para adecentar e mellorar o acceso aos núcleos rurais do concello. Tamén anunciou que o Concello está a piques de adxudicar diversas obras financiadas con recursos propios municipais e que foron aprobadas a finais de 2019 por unha cuantía superior aos 400.000 €. Entre elas destacan a segunda fase da reforma do antigo colexio do Cruceiro de Roo, a segunda fase da Praza de Galicia e varias actuacións na contorna da praia de Broña. González apuntou que se vai facendo realidade a aposta do executivo local polo mantemento e mellora das infraestruturas existentes no municipio.

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX