16 noviembre, 2026
Image default

OUTES CREA UNHA MESA DE TRABALLO PARA A RECUPERACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO

Os grupos da corporación municipal de Outes decidiron este xoves crear unha «Mesa de traballo para a recuperación económica do concello». Esta mesa de traballo créase co consenso de tódolos grupos políticos municipais e está destinada a deseñar un plan de reactivación económica, que sirva para paliar os efectos negativos do COVID-19 no tecido produtivo local. A primeira xuntanza da mesa de traballo terá lugar a próxima semana, se ben na reunión mantida hoxe polos grupos políticos xa se avanzaron algunhas ideas como son o establecemento de axudas directas a autónomos e pequenas empresas, a promoción do comercio local ou a posta en marcha dunha campaña de promoción do sector turístico de Outes, entre outras. O alcalde, Manolo González, agradeceulle a tódolos grupos políticos a súa boa disposición a traballar conxuntamente por reactivar a economía local, diante dunha situación que definíu como «moi complicada, en particular para determinados sectores vinculados ao comercio e ao turismo». O alcalde manterá mañá (venres 8 de Maio) unha reunión telemática co tecido comercial e produtivo do concello para coñecer as súas demandas.

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX