16 noviembre, 2026
Image default

O concello de Outes está a tomar diversas medidas para protexer o tecido produtivo do concello diante da crise provocada polo coronavirus

O concello de Outes está a tomar diversas medidas para protexer o tecido produtivo do concello diante da crise provocada polo coronavirus, segundo informou o goberno local. Nese sentido, o concello puxo en marcha a semana pasada un servizo de información e asesoramento prestado pola área de desenvolvemento local e orientación laboral co obxecto de informar a traballadores, autónomos e empresarios, sobre as medidas tomadas polas distintas administracións en relación á situación creada polo COVID-19. A veciñanza de Outes poderá acceder a esa información ben por correo electrónico ou chamando aos teléfonos que puxo a disposición o concello (xúntase cartaz).

Por outra banda, o goberno local vén de tomar a decisión de retrasar o cobro das taxas e tributos que xestiona directamente e que lle afectan aos locais comerciais, mentres dure o estado de alarma. Trátase fundamentalmente dos recibos do lixo, auga, saneamento e o imposto sobre vehículos (IVTM), posto que o IBI e o IAE están delegados na deputación provincial, e que tamén anunciou o retraso do cobro dos tributos que ten delegados.

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX