O alcalde de Outes, Manolo González, mantivo o venres pasado unha reunión co xefe territorial de infraestruturas e mobilidade da Xunta de Galicia, José Antonio Álvarez. Nesta reunión o mandatario outense trasladoulle o malestar das familias de Outes porque a gratuidade do transporte para menores de 21 anos só se aplique para as áreas metropolitanas.
