O grupo municipal do BNG presentará no pleno deste xoves día 30 unha iniciativa para que o Concello de Noia emprenda unha actuación na praia de Boa Grande de cara a súa adaptación para o desfrute das persoas con mobilidade reducida. O portavoz da formación nacionalista, Ricardo Suárez, sinala que “espera que esta moción sexa aprobada por consenso da Corporación xa que considera que o feito de que a praia sexa accesible para todas as persoas constitúe un acto de xustiza social que está por riba de calquera ideoloxía”.
