No CEIP Felipe de Castro veñen de rematarse as obras de construción dunha pasarela peonil que conecta o colexio co polideportivo municipal de Bergondo. Unhas obras orzamentadas en case 100.000 euros e que contaron cunha achega de 90.000 euros por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.